«A poesía aparece cando non abondan as
palabras. Por iso o poema acredita na linguaxe e desconfía dela a partes
iguais. Consciente da época en que agroma, onde o vello esmorece pero o novo
non acaba de nacer, este libro ensaia un tipo de escrita antinostálxica, que
renega da ruína e celebra o que está por vir».
Estou de estrea.
Celebración,
o meu segundo libro, chegará a vindeira semana aos andeis das librarías. Tamén
estará dispoñible na web da editora, Apiario.
Abrirá a súa colección de poesía.
Polo momento, déixovos
abaixo o booktrailer, elaborado por Esferobite para a editora. A montaxe
dialoga co filme Le notti di Cabiria, de
Federico Fellini, cuxa escena final, con Giulietta Masina recomezando a súa
vida despois de fracasar, ilustra en boa medida a realidade que este libro
quere celebrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario