Gonzalo Vázquez, deseñador, escritor e profesor
da Sorbonne, reestrea web e incorpora unha crítica de Crac, que publicara no nº 4 da revista Caravansari, dedicada á poesía en linguas peninsulares:
Crac é
iso, unha promesa líquida. É un libro~límite, como a ferida, o limiar ou o
paraíso, como a estranxeira, o fetiche ou a rameira, como a raia ou a fame. É
un libro~río, como a escrita. É un libro~violín, burgués e sucio. Por todo isto
é, como quen di, un libro~parís.
Podedes ler a crítica completa aquí:
Ademais, o 17 de novembro, en Bilbao, preséntase o
proxecto audiovisual de Lázaro Louzao
baseado nos poemas do libro.
O tráiler do filme aquí: