scott: Cando deixei a miña casa, o
criado preguntoume que buscaba. Díxenlle: «Sexa o que for e onde for, só ter un
bo día»
mike: Tiñas un criado?
scott: Tiña
mike: Se eu tivese unha familia normal
e unha boa educación, daquela sería unha persoa ben integrada
scott: Depende do que ti consideres «normal»
mike: Si, así é. Ben, «normal» é
cando hai unha nai e un pai e un can e esas merdas normais
scott: Así que nunca tiveches un can «normal»
mike: Non, nunca tiven un can
scott: E nunca tiveches un pai?
mike: Nunca tiven un can. Nunca. Nin
un pai normal de ningunha maneira. Non pasa nada. Non sinto mágoa por min. O
que si quixera é un pouco de xustiza
scott: Que é un pai «normal»?
mike: Non o sei [pausa]. Gústame
falar contigo. Quero dicir que me gusta falar contigo de todo. Estamos falando
agora, pero, sabes?, non sinto como... Non podo sentir que estea sendo honesto
contigo. Somos íntimos. De momento íntimos.
scott: Canto de íntimos?
mike: Non o sei. Non importa
scott: Por que?
mike: Que significo para ti?
scott: Que que significas para min? Mike,
es o meu mellor amigo
mike: Seino, es meu amigo. Un bo
amigo. E é bo que sexamos bos amigos. Iso é algo xenial
scott: Entón?
mike: Entón eu só... Non pasa nada. Seremos
amigos.
scott: Eu só teño sexo con homes por
diñeiro
mike: Si, sei. E dous tíos non poden
amarse. Si, ben, non o sei, quero dicir, para min... Eu podo amar alguén aínda
que non me pague por iso. Eu ámote a ti. Ti non me pagas
scott: Mike...
mike: Realmente quero bicarte agora [pausa].
Eu... Ámote. Sabías iso? É verdadeiro amor.
scott: Ben, para min, Mike. Como dicilo?
Dáme un bico, veña.
[Bícanse]
Ningún comentario:
Publicar un comentario