Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Buide. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fernando Buide. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de agosto de 2016

Pasaxes, de Fernando Buide

Para min é unha honra que o compositor Fernando Buide (Santiago de Compostela, 1980), premio Michael Friedmann de investigación doutoral da Universidade de Yale, quixese incluír un poema de Celebración na súa última peza, titulada Pasaxes, que será estreada o 13 de outubro deste ano no Auditorio de Galicia, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel. O texto de Celebración será cantado pola soprano catalá Isabella Gaudí, xunto a un texto clásico de Edward Thomas.


Estou aquí. En fronte atópase o resto do mundo.

O vento do norte sutura o teu verbo a esta casa.
Instala o noso medo na raíz.
Ponlle nome a aquilo que cremos amar por moito tempo.

Pensa no instante en que soubemos que este muro caerá.
Abre a porta, deixa pasar os cans: que coman da mesa.

Para que cheire a terra a entroido ou barricada dunha vez.
Para que cheire a algo que se desfai e se compón constantemente.

Non deteñas a ollada na beleza do incendio.

Abre unha fisura.

Rompe o círculo.

Escapa

[De Celebración, Apiario, 2014]


Will you come?

Will you come?
Will you come?
Will you ride
So late
At my side?
O, will you come?

Will you come?
Will you come
If the night
Has a moon,
Full and bright?
O, will you come?

Would you come?
Would you come
If the noon
Gave light,
Not the moon?
Beautiful, would you come?

Would you have come?
Would you have come
Without scorning,
Had it been
Still morning?
Beloved, would you have come?

If you come
Haste and come.
Owls have cried;
It grows dark
To ride.
Beloved, beautiful, come.        
Edward Thomas