Sobre todo toléame o final. Como a voz do poema se
prepara para os derradeiros versos. Como nos prepara a nós, que o escoitamos.
E digo eu que a poesía talvez non debera renunciar ao
memorable.
Un espazo habitado é unha
chaira transida polo conflito
Como xerminan os desacougos
dunha cidade
en estado de latencia
Corazón soldado
Territorio que se escorda de si
mesmo
Esta é a escuma sobre os muros
nos rostros
nos dentes
no tempo que foi de Abelardo Collazo
no tempo dun lugar
que medía o seu pulso
contra da Historia
E non petan nas portas
non son convidadas:
Esténdense sobre a parede
A guerra O sal A ferida
Cando ninguén sabe de nós aquí
non vexo ninguén capaz de
recoñecernos:
A lama indo por dentro dos
ollos
na mente
A folga A espesura As vidas
enteiras
Devolveranos distintos
o río
*Texto escrito a partir do poema “Has cantar”, terceira
parte, para o proxecto do Diario Cultural da Radio Galega
De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI
Ningún comentario:
Publicar un comentario