O momento en
que un toma conciencia de que deixou de pertencer á canteira da poesía galega
porque outr@s veñen detrás, coa forza de Antón Blanco (Carril, Vilagarcía de
Arousa, 1996), que asina este poema en diálogo con aqueloutro de Crac.
Como chagas as mapoulas do Somme
as que descobren o rastro
e negan a cegueira.
Querería por isto falar acerca dun ollo anterior ao bombardeo.
Un ollo inocente
que se abre un bo día e contempla a desfeita. Un ollo que viu.
O da pupila arrasada. O da derrota.
Gonzalo Hermo
Gonzalo Hermo
Así sacodes brazos e pernas
coma un rebordar de cunchas
doentes
e todo ante o
corpo-que-escintilea
figuras mercantís
rotando sobor do cráter.
Namentres
a nai compra incubadoras
eléctricas
instálaas no grande salón da
parte baixa
trátase dun enormísimo cráter
nel
vivaces denosiñas invaden a taiga
(cercanía
centímetro
corenta-e-dous-catorce)
desdebuxándote.
Grande Tonso!
ResponderEliminar