Talvez lles estea a facer un feo, e probablemente
meta a zoca en máis dun verso, pero decidinme a publicar a letra de “Arder”,
adianto do novo disco dos Ataque Escampe, antes ca eles. Fágoo porque me parece
boa e deixo constancia de que cando a escoitei por vez primeira me
viñeron á cabeza os versos que pechan Os
hemisferios, de María do Cebreiro. Non falo de intertextualidade (moito
menos de plaxio); os textos non teñen nada que ver entre si. Pero supoño que conectan
comigo neste momento e a memoria ás veces ten estas cousas.
Aquí o videoclip: http://vimeo.com/93074157#at=0
Estou tranquila porque vou morrer
non sei se aquí, non sei se o mes que vén
igual que o que canta
igual que os que escoitan.
Parece triste pero non o é
de feito riste cando o pensas ben
das medias que rompen
das leis que preparan
do reloxo biolóxico
e por que pos esa cara?
Se eu quero entender
sen lume na man
as cousas que arden
e as que ficarán
que hora vai ser?
Alexanderplatz
facémosche plas, plas, plas.
Coa bici estática da túa nai
e as guías prácticas do que non hai
pasamos a tarde
en total liberdade
Quérote ben pero xa se verá
se o noso amor será internacional
por países varios
doerán os ovarios
as miñas ideas
e a puta bandeira
se eu quero entender
sen lume na man
as cousas que arden
e as que ficarán
aparecerán
por riba de min
as letras de fin, fin, fin
Ningún comentario:
Publicar un comentario